Entrega de Premios Concursos Gastronómicos Puertas de Galicia Verin – Viana

Xa finalizaron os dous eventos gastronómicos postos en marcha polo Plan de Competitividade Puertas de Galicia, ‘Concurso de Tapas’ e ‘Pasaporte Gastronómico’, nos que participaron 42 establecementos desta comarca co fin de promocionar gastronómicamente as comarcas de Verín e Conso Frieiras.

No referente ao ‘Concurso de Tapas’ resultou vencedor o restaurante Asador’s Jose de Riós coa tapa “Filet mignon de boi con salsa de laranxa e grelos ao aroma de allo e noces”, mentres que no concurso desta categoría realizado na rede social Facebook, entrega premios (unha estancia con aloxamento e almorzo no Parador de Verín-Monterrei máis un menú degustación 4 Estacións en O Souto das Candeas de Verín). Mentres que no ‘Pasaporte Gastronómico’, cun menú gastronómico: Nerea Garcia  (Restaurante Bruma de A Gudiña), Jorge Calvo (Restaurante Casa Manola de Verín), Sonia Prado (Restaurante Lugano de Verín), Manuel Lopéz (Casa Elena de Laza), Francisco Javier Vazquez (Restaurante O Carrizo de A Mezquita) e Rosa Fernández (Asador’s Jose de Riós). Se no ‘Concurso de Tapas’ a elección da mellor tapa, así como do vencedor do mesmo, efectuouse a través da rede social Facebook, no ‘Pasaporte Gastronómico’ era necesario recoller o Pasaporte en calquera dos establecementos do listado, e conseguir 10 selos de diferentes establecementos por unha compra, estancia ou consumición.